O COLMADO DE SABORES

Contacto

O 6 de decembro de 2025, tres produtores galegos decidiron unir a súa experiencia e paixón para crear un lugar diferente: Colmado de Sabores.

Aquí descubrirás os auténticos sabores do porco celta da man de Martín Touceda, criador na aldea de Osmo (Cenlle), con produtos elaborados baixo o selo de Artesanía Alimentaria e aptos para persoas celíacas grazas ao asesoramento de ACEGA.

Tamén atoparás a cosmética sólida e 100 % natural de María Luisa Rodríguez, creadora de De Lu Cosmética Natural, desenvolvida para todo tipo de peles e comprometida co coidado das persoas e do medio ambiente.

E se te achegas ao universo das abellas, Johnny Trigas, fundador de Terras de Boborás Apicultura e recoñecido internacionalmente por producir un dos mellores meles do mundo, sorprenderate cos seus meles e pole elaborados baixo os selos IXP Mel de Galicia e Artesanía Alimentaria, así como coa súa liña cosmética Maruxiña, presente en tendas especializadas e parafarmacias de toda España.

Entre os seus andeis atoparás unha coidada selección de produtos galegos, con máis do 90 % das referencias de orixe local, moitas delas amparadas por Galicia Calidade, Artesanía Alimentaria e distintas Denominacións de Orixe.

Déixate levar por un universo cheo de sabores, aromas, tradición e creatividade. Descubre produtos únicos, participa nas catas e degustacións que organizan regularmente ou reserva unha cata privada para compartir unha experiencia diferente arredor dos sabores de Galicia.

Anímaste a descubrilo?

ACTIVIDADES

CATA DEGUSTACIÓN CON QUESOS FEIJÓO

09 DE MAIO

CATA MARIDAJE CON ADEGAS DO REXURDIR

18 DE ABRIL

CATA MARIDAJE CON SIDRA RABIOSA

30 DE ENERO

VISÍTANOS