TENDA EFÍMERA DE VILAS VIVAS

Traxes medievais para a Festa da Istoria na tenda efémera en Vilas Vivas Ribadavia.

Chega a Festa da Istoria e en Vilas Vivas Ribadavia témolo todo pensado para que a vivas coma manda a tradición.

Só esta fin de semana, a nosa tenda efémera acolle a Lina, artesá natural de Cangas do Morrazo, que trae ata Ribadavia unha auténtica colección de traxes medievais feitos á man, con mimo e con moita historia detrás de cada peza.

Atoparás traxes para toda a familia, pensados para que grandes e pequenos poidan mergullarse na época e vivir a festa vestidos para a ocasión.

Escolle o teu traxe e prepárate para a vindeira Festa da Istoria.

VISÍTANOS