BASES RASCA E GAÑA

TODOS OS ESTABECEMENTOS ADHERIDOS A CAMPAÑA RASCA E GAÑA TEÑEN ESTA SINAL NA PORTA, BUSCAO SI FAS COMPRAS OU CONSUMES ENTRE XOVES E DOMINGO, PIDE O TEU RASCA
 

COMO FUNCIONA

Desde o 20 de xullo ata o 31 de decembro de 2026, CANDO REALICES UNHA COMPRA DE XOVES A DOMINGO NOS COMERCIOS ADHERIDOS Á CAMPAÑA, PIDE O TEU RASCA E GAÑA.

En cada tarxeta podes conseguir premios como: Vales de compra con desconto, caixas de viño, estancias en balnearios e hoteis e moito mais. Ó rascar descubriras se tes premio e onde recollelo.

Se a túa tarxeta non está premiada ¡NON TE DESANIMES! Pon os teus datos no reverso da tarxeta e entrega na CASA DO ARTESÁN (Rúa Banda da Lira 2) de xoves a domingo, para participar no sorteo mensual.

 

SORTEO MENSUAL

As 11:30h do 1º domingo de cada mes, dando inicio a sesión vermout de DOMINGOS VIVOS, celebrarase un sorteo na praza de San Xoán. Pero ¡CUIDADO! Terás que estar presente para recollelo se a túa tarxeta sae premiada.

No caso de que a persoa premiada non se atope presente, procederase á extracción dunha nova tarxeta, repetindo o proceso ata que o premio poida ser entregado a unha persoa presente no evento.

IMPORTATE: Si tes a sorte de conseguir un premio de estancia nun hotel ou balneario, lembra que debes facer unha reserva no establecemento con antelación.