Casa Artesanía de Galicia

Contacto

A Casa do Artesán é unha tenda de Artesanía de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia, que achega ao público o traballo de máis de 50 obradoiros artesanais de toda a comunidade. En Ribadavia, e ao abeiro do programa Vilas Vivas, nace como un espazo onde descubrir, valorar e apoiar o talento artesanal galego.

Cada peza conta unha historia. Detrás dunha cunca de cerámica, un bolso de coiro, unha xoia, unha cesta ou unha peza téxtil hai persoas que manteñen vivos oficios transmitidos de xeración en xeración e que continúan creando con dedicación, coñecemento e identidade propia.

Todos os produtos contan co selo Artesanía de Galicia, garantía de autenticidade, calidade e elaboración artesanal. Neste espazo atoparás unha ampla selección de creacións en cerámica, madeira, coiro, cestería, xoiería, bixutaría, serigrafía, téxtil, xoguetes e moitas outras disciplinas que reflicten a riqueza creativa da nosa terra.

Ademais da exposición e venda de pezas artesanais, a Casa do Artesán organiza obradoiros e actividades que permiten achegarse aos procesos creativos e coñecer mellor o valor que hai detrás de cada obra.

Entra, descubre as historias que agochan as mans artesás de Galicia e leva contigo unha peza única para o teu fogar ou para agasallar, contribuíndo así a manter vivos os nosos oficios e a apoiar as persoas que os fan posibles

ACTIVIDADES

PROXIMAMENTE

VISÍTANOS